miércoles, 11 de mayo de 2011

Vive o Miño, ven ó Miño..

Chega o verán a 2011 e chega tamén outro grande evento de kayak, desta vez en Galicia.

A xente de Arrepions e o Club Augas Bravas Salvaterra xa estamos a argallar un encontro innovador e ó xeito dos mais grandes …..¡¡¡¡KAYAK NO MIÑO 2011!!!!

As datas xa están postas así que ide reservando os días 29,30 e 31 de Xullo para vivir unha intensa fin de semana de auga, festa e bo ambiente entre piragüistas e persoal do mais variado da península…

Será un evento aberto a todos os que apreciedes as marabillas dun dos nosos ríos emblemáticos, con diversas actividades coma Rafting e Kayak de augas bravas, descenso de Autovaciables ou camiñadas para os mais inexpertos, xornada de portas abertas e concurso de esquimos na piscina de Salvaterra, non poderán faltar as largas sesión na emblemática Onda de Arbo, sorteo de agasallos con kayak incluido etc.

Proximamente iremos informando do programa, así coma do custo das inscricións e as novidades que vaian surxindo.

¡¡Contamos Contigo!! Vive o Miño,ven ó Miño..

No hay comentarios:

Publicar un comentario