miércoles, 1 de junio de 2011

INSCRICIÓNS E PREZOS KAYAKNOMIÑO 2011.....

Despois de longas xornadas facendo números cos nosos "contables" xa temos tarifas para o encontro da última fin de semana de Xullo, temos que dicir que non é sinxelo nestes intres facer contas debido a crise económica pero parece que a cousa promete.



PREZARIO:

PARTICIPANTE 30 EUROS

INCLÚE; Durmida Venres e Sábado en pavillón ou recinto de acampada, almorzo Sábado e Domingo e reforzo alimenticio, Cea do Sábado, Camiseta, Participación no sorteo do kayak, Prezos especiais para as "indixestas" alcohólicas da festa do sábado, Participación no campionato de "kayak roll" e Descensos...

ACOMPAÑANTE 25 EUROS

INCLÚE; Todo o anterior agás participación no sorteo.


CEA+CAMISETA 20 EUROS


SÓ CEA 12 EUROS


SÓ CAMISETA 12 EUROS

Aparte das opcións anteriores a organización disporá de prezos e prazas especiais nas seguintes actividades, limitadas aos incritos no encontro;

- Prezo por participante Rafting 15 Euros.
- Prezo por participante Sit on Top 5 Euros.
- Andaina Gratuíta pola Ruta das Pesqueiras( Melgaço).

Agradeceríamos que as Inscricións se fixeran vía e-mail á seguinte dirección kayaknomino2011@hotmail.com, indicando D.N.I, Data de nacementeo, Número de teléfono e Tipo de inscrición.
Por cuestións loxísticas deberedes indicar tamén se ides a participar en Rafting, Sit on Top ou na Andaina.

*Nota: Por motivos de organización as prazas serán limitadas e a disponibilidade de camisetas inclúe aos primeiros 100 participantes.

¡¡¡Non faltedes!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario