lunes, 25 de julio de 2011

COMEZA A RECTA FINAL DE KAYAKNOMIÑO....

Recordamos a todo o persoal que vaian achegando as súas inscricións (kayaknomino2011@hotmail.com) ...comeza a recta final para a grande festa do kayak no Río Miño e as prazas de Rafting e Autovaciables son limitadas, asique sería bo que reservedes xa para ir organizando a loxística.

Por outra banda se queredes traer material de segunda man podedes, imos montar un mercadillo na cea e no pavillon os días da concentración e tamén poderán probarse os kayaks nas piscinas municipais.

Se alguén quere algún aloxamento mais cómodo que o pavillón que se poña en contacto connosco xa que contamos con varios establecementos colaboradores.

Coma novidade dicir que o Concello de Arbo se suma co seu apoio a esta iniciativa e ofrecerá unha proba de viños o Domingo despois de irmos o río.

Deixovos abaixo os números de contacto dos organizadores e máis info para durmir.

Vémonos no Río!!




Carlos Sequeiros +34/680625863
Miguel +34/647961585
Ricardo (Peitos) +34/608984350

No hay comentarios:

Publicar un comentario