Como xa sabedes o Club Augas Bravas Salvaterra e Arrepions teñen preparado un kayak para o sorteo da concentración deste ano. Aquí o tedes, comprado e gardado baixo chave ata o día sinalado. Trátase dunha PRIJON PURE S, unha auténtica máquina de creeck.....
Por outra banda temos que resaltar que contaremos coa presenza confirmada de moitos dos mellores kayakistas e bebedores de cervexa de Portugal, se unirán tamén a este evento Gonçalo Mota e Ricardo Brandao, que ademais de participar nesta iniciativa coma kayakistas traerán as novidades da empresa H2O POWER water sports, de recente creación e que cede un chaleco Hiko para o sorteo....

Aproveito para resaltar o esforzo de tódolos colaboradores e recordar que as inscrición xa están abertas, agradeceriamos por motivos de organización que acheguedes os vosos datos á dirección de correo do blog; kayaknomino2011@hotmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario